jueves, 22 de septiembre de 2011

Porta aberta á censura previa en TVE

O consello de administración de RTVE terá acceso ao sistema interno de xestión do fluxo de traballo (iNews) dos servizos informativos de TVE. Deste xeito, os conselleiros poderán saber en qué andan a traballar os redactores. Segundo din dende o consello, só poderán acceder, pero "sen nengún tipo de capacidade de xestión".

Ademáis, esta decisión aprobouse sen o coñecemento do consello de informativos, a quen non lle gustou nada esta medida.


O consello de informativos opónse á medida alegando que "abre a porta a unha posible censura previa ou a un control político dos contidos informativos da televisión pública". Algo que tamén se ven repetindo nos comentarios das redes sociais.

Ademáis o consello de informativos aproveitou para recordar que o consello de administación xestiona a corporación e asume a responsabilidade de servizo público das informacións, pero "non sobre a forma na que esa información é seleccionada, captada, corrixida e elaborada polos propios profesionais".

A medida aprobouse cos votos a favor dos conselleiros propostos polo PP e CiU, os votos en contra dos de UXT e EU e a abstención dos do PSOE e CCOO.

EDITADO 10:24: Comunicado do consello de informativos no que se opón á decisión do consello de administración de RTVE [PDF]

Vía: El economista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario