lunes, 20 de febrero de 2012

Sobre Diario de Galicia, o primeiro xornal galego da democracia

Houbo un tempo, antes de internet, no que en Galicia tivemos un xornal con vocación galeguista. A aventura durou menos de un ano pero deixou aberta unha porta que logo seguiron outros medios. A piques de cumplirse o 14º aniversario do seu lanzamento, Marcos Pérez Pena entrevista a Denís Fernández Méndez, autor dunha tese doutoral sobre "a xestión xornalística e económica" do Diario de Galicia.

Así comeza a nova:

O primeiro número do Diario de Galicia apareceu o 12 de marzo de 1988, completando un proxecto que fora tomando forma ao longo da década dos oitenta e que nacía cos apoios do sector galeguista do PSOE e dalgunhas persoas próximas a Esquerda Galega. Nacía nun Vigo e nunha Galicia emerxente e en transformación, cun extraordinario equipo de profesionais e un deseño innovador, obra de Pepe Barro, seguindo o ronsel do USA Today e doutras cabeceiras na onda dos novos xornais postelevisivos. Chegou a vender nove mil exemplares diarios.

Segue léndoa en Praza pública.

No hay comentarios:

Publicar un comentario