O chamado xornalismo de datos é unha das vías que percorre, independentemente do soporte, o xornalismo moderno. Esto é así porque os datos están por todas partes: Dende as estatísticas dun partido de baloncesto, ata os orzamentos públicos, pasando pola bolsa, o INEM ou o CIS, todo son datos.
Este tipo de xornalista é coma Número 5, o robot de Cortocircuito ("datos, datos, datos"), pero atópase co problema de plasmar eses datos nunha nova sen ter que recorrer a columnas de números ou a enfarragar o texto.