jueves, 23 de febrero de 2012

El País, El Mundo e ABC compartirán plataforma de contidos

Aínda que sempre se dixo que a necesidade agudiza o inxenio, o certo é que non sempre é así. Ás veces o que pasa é que se forman parellas inimaxinables ou, incluso, tríos certamente inconcebibles. É o caso do último movemento das grandes empresas españolas de comunicación.

Dada a crise do xornalismo que levamos vivindo dende hai anos (e que fundamentalmente é unha crise de ingresos publicitarios), surxiron diferentes opcións para ver de conseguir que os lectores pagasen por ler os contidos na web. O habitual no estranxeiro é que cada un faga a guerra pola súa conta e que traten de impoñer unha barreira de pago propia.

Pero, como dicía aquel lema dos oitenta, Spain is different. Aquí, despois de varios fracasos, Unidad Editorial (a empresa de El Mundo) propuso Orbyt, á que se sumou La Razón; pola súa banda, Prisa,  Vocento e Grupo Zeta, plantexaron Kiosko y más.

Pero o negocio non debeu ser rendible e agora Unidad Editorial, Prisa e Vocento queren xuntarse con Telefónica para crear unha plataforma única, xa que o seu "número de abonados non xustifica as altas inversión que requiren" as plataformas existentes.

Seica trátase dunha "historia que aínda está verde", pero tamén parece que queren ir para adiante para reducir custos e aproveitar a infraestructura tecnolóxica de Telefónica.

Sen embargo, se non hai contidos de calidade, vexo difícil que os usuarios vaiamos en tromba a contratar este servicio. E menos no contexto da crise actual.

A nova completa en Vozópuli.

No hay comentarios:

Publicar un comentario