Mostrando entradas con la etiqueta crise do xornalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta crise do xornalismo. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de abril de 2012

Os medios ante a revolución dixital

O diario El País está a publicar unha serie de vídeos sobre a situación dos medios de comunicación tradicionais e os cambios que sofre o seu entorno a raíz da (r)evolución que a tecnoloxía está a vivir nos últimos tempos.

Nestes vídeos, seis expertos en medios e internet analizan os cambios que afectan ao xornalismo. Podes ver o primeiro vídeo aquí.

martes, 3 de abril de 2012

Os traballadores queren mercar Público

Dende que pechou a edición en papel do diario Público e só quedou a web, Mediapro, a empresa propietaria do xornal, anda a buscar comprador para a cabeceira. E pode que cheguen a atopalo no sitio menos esperado: os propios traballadores.

A través de www.maspublico.org e de www.hacefalta.info os traballadores de Público están a crear cooperativas para ver de mercar a cabeceira para a que traballan. Os primeiros xa crearon unha campaña de cofinanciación en Verkami.

Via: Periodismo Real.

lunes, 26 de marzo de 2012

Autocrítica no xornalismo

Se hai algo do que falamos moito neste blog é da crise do xornalismo e do seu futuro. Ambos temas van da man e resulta pouco menos que imposible falar dun e deixar de lado ao outro. Pero sempre se fala de dentro para fóra (a crise da publicidade, a influencia das novas tecnoloxías) ou pensando en abstracto (o modelo de negocio). Non hai unha reflexión real e profunda sobre as causas desta crise nin dun punto de partida cara ao futuro. Non hai autocrítica

E precisamente desto fala Jesús Martínez no seu blog: da ausencia dun pensamento crítico dentro do xornalismo que permita á profesión saír adiante e abrir novos camiños; do que supuxo o abuso de poder dos medios fronte á sociedade; da perda de facto da etiqueta de "cuarto poder"...

Recoméndovos ler o artigo completo, que leva por título Periodismo sin autocrítica, periodismo muerto. Pode ser un pouco amarelo, pero non deixa de ser certo.

martes, 28 de febrero de 2012

Arredor de Público

O peche dun xornal é sempre un drama por todo o que implica. Dende as dimensións macrohumanas, coma a pluralidade informativa, ata as simplemente humanas, que moitas veces son máis importantes, como son os despidos masivos de profesionais (non só xornalistas). E sempre rematamos falando da necesidade dun xornalismo indepentedente e obxectivo.

Agora ben, "puede ser independiente un diario que pertenece a un grupo mastodóntico, con intereses en el mundo editorial, televisivo y cinematográfico, que arrastra deudas descomunales y depende tanto de bancos como de alternativas políticas?", pregúntase Javier Pérez de Albéniz no seu artigo Alrededor de Público.

jueves, 23 de febrero de 2012

El País, El Mundo e ABC compartirán plataforma de contidos

Aínda que sempre se dixo que a necesidade agudiza o inxenio, o certo é que non sempre é así. Ás veces o que pasa é que se forman parellas inimaxinables ou, incluso, tríos certamente inconcebibles. É o caso do último movemento das grandes empresas españolas de comunicación.

Dada a crise do xornalismo que levamos vivindo dende hai anos (e que fundamentalmente é unha crise de ingresos publicitarios), surxiron diferentes opcións para ver de conseguir que os lectores pagasen por ler os contidos na web. O habitual no estranxeiro é que cada un faga a guerra pola súa conta e que traten de impoñer unha barreira de pago propia.

martes, 17 de enero de 2012

Vitaminas para o galego

Vitaminas para o galego
Dada a situación do galego nos medios de comunicación de Galicia (e en Galicia en xeral), aas desconcertantes políticas lingüísticas do executivo de Feijóo e el extraño criterio da Xunta para fomentar o uso do galego nos xornais, non é de extrañar que surxan iniciativas como Vitaminas para o galego, que pretende, “dar visibilidade e presenza ao galego nos medios de comunicación e reivindicar maiores cotas de presenza, de apoio institucional e sobre todo de respaldo social e ciudadán”.

A esta iniciativa están adscritos Prolingua e A Mesa, ademáis de tódolos medios que empregan o gallego como idioma de comunicación e, dende hoxe, tamén a rede de blogs Vencello.

lunes, 26 de diciembre de 2011

O xornalista e o camareiro

Baixo este título, pouco menos que de conto, atopamos a realidade dunha parte moi importante dos profesionais do xornalismo. Non só é a queixa dun apaixoado desta profesión, senon tamén unha crítica ao sistema actual do xornalismo, no que se devalúan o produto, aos profesionais e o traballo en si mesmo. A crise do xornalismo non é tanto económica como humana.



Visto no tumblr de Jesús Martínez.

jueves, 1 de diciembre de 2011

Putas e xornalistas

Putas y periodistas é o título dunha entrada no blogue de David Jiménez, xornalista do diario El Mundo. Neste post, analiza a situación actual dos freelances, os xornalistas por conta propia, e trata sobre a crise que está a atravesar o xornalismo e de como rebáixase a calidade do producto para afrontar a dita crise.

Déixovos co primerio párrafo e anímovos a ler o artigo completo:
Mi periódico pidió años atrás una colaboración a Camilo José Cela y el Nobel español dijo que lo haría por una cantidad de dinero. Cuando desde la redacción trataron de regatear el precio, su respuesta fue enviar el folio gratis y concluir el artículo diciendo que los escritores son como los toreros y las putas, “que pueden torear en festivales o joder de capricho, pero sin bajar los precios jamás”.
Seguir lendo Putas y periodistas.

jueves, 27 de octubre de 2011

Praza pública, un novo xornal dixital en galego

Nun tempo de crise económica, de peches de medios en galego, de despidos de profesionais e no que o xornalismo no seu conxunto está nunha das súas cotas máis baixas, hai sitio e oportunidades para novos medios. É o caso de Praza pública.


Praza pública é un xornal dixital que nace da iniciativa de Manolo Barreiro, Filipe Diez e Marcos S. Pérez. A modestia do seu nacemento non é incompatible cuns obxectivos de longo alcance.

A presentación de Praza pública que fai Macos S. Pérez no seu blog di que é:

Un xornal dixital moderno, conectado co mundo e aproveitando todas as posibilidades da información en tempo real e multimedia, un xornal aberto e colaborativo, en permanente intercambio con outros medios galegos, cos lectores e coas organizacións sociais e os internautas. Aberto tamén no político, sen filiacións partidarias e apostando por unha axenda temática propia, distinta á dos medios convencionais.
Dende Tipos e bits seguiremos o que fagades e desexámovos toda a sorte do mundo.

viernes, 7 de octubre de 2011

Aidan White: "Hai unha fenda entre os medios de comunicación e o xornalismo"

Aidan White foi presidente da Federación Internacional de Xornalistas e sabe moito de xornalismo. É é unha rara avis entre os xornalistas en tódolos aspectos.

Nunha entrevista que ven de publicar a revista Nuestro Tiempo, pertencente á Universidade de Navarra, no seu número de outubro, fai un repaso moi interesante á actualidade do xornalismo: dende as ameazas, abertas ou veladas que sofren os xornalistas, ata o modelo de negocio e a necesidade de cambios, sen deixar de lado as novas tecnoloxías.

O análise que é cada unha das súas respostas é claro e certero como poucos dos que levo lidos, aínda que non concordo con todas elas, pero ese é outro conto.

Pese a que o ton xeral tende ao apocalíptico, di que é "un bo momento para o xornalismo" e que é "moi optimista".

De todo o que di quero quedarme ca sú insistencia en que o xornalismo non corre perigo, porque a fin de contas o xornalismo consiste en contar historias.

Paga a pena facer unha lectura polo miúdo da entrevista. Podédela atopar aquí.

lunes, 3 de octubre de 2011

A crise da publicidade págase con xornalistas

Sei que o título pode resultar un pouco alarmante ou amarillista, pero é que co actual modelo de negocio, o motor do xornalismo é a publicidade. É por esto que, cando baixan os ingresos por publicidade, aumentan os despidos de xornalistas. É unha ecuación tan sinxela que doe.

Fotografía de Juan Antonio Flores Segal

No que va de ano, en España despedíronse máis de mil xornalistas, segundo datos da FAPE citados por Informador. E 4.135 dende novembro de 2008.

viernes, 23 de septiembre de 2011

Pecha A nosa terra

Semella que non vai pasar un día sen que teñamos que falar dalgún medio que pecha ou ao que lle pasa algo. De verdade que este non era o obxectivo deste blogue, pero hai que facelo.

O outro día falabamos do peche de Xornal.com (aínda sen data oficial) e hoxe temos que facelo do da edición dixital de A nosa terra. A edición impresa desapareceu este mesmo ano.

Afonso Eiré, director do xornal dixital, explica no artigo Centro catro anos despois, un novo até logo que este peche non vai ser definitivo, se non que "o proxecto agarda renacer no futuro".

Deseño de Francisco Leiro co gallo do primeiro centenario de A Nosa Terra, no 2007

Como di o propio Eiré no seu artigo, este será o cuarto peche da empresa (os tres anteriores foron en 1908, 1932 e 1936), que "non ten por que supor a desaparición do proxecto, pois non é unha aposta empresarial, senón un proxecto de país".

martes, 20 de septiembre de 2011

Pecha Xornal.com

Baixo o título Xornal.com baja el telón y deja en la calle a 38 personas PRNoticias anuncia o peche da web de novas en galego.


Despois do peche da edición impresa, cuxo derradeiro número saiu á rúa o pasado 4 de agosto, os propietarios da cabeceira decidiron pechar tamén a edición dixital.

A nova de PRNoticias foi confirmada por Iago Martínez, responsable da sección cultural da web, en dous tuits [1] [2].

Ao parecer, a constructora San José, propietaria da cabeceira, non pode seguir facéndose cargo das perdas xeradas pola aventura de ter editado un xornal impreso, polo que botará o peche deixando na rúa a 38 traballadores.

Aínda que o peche non será inmediato, a intención dos propietarios é levalo a cabo antes do 30 de decembro. Tralo peche de Vieiros en xullo de 2010 e a desaparición de Xornal.com quédanos ben pouco aos que queremos informarnos en galego.

Ánimo e sorte a todos os compañeiros.