Ademáis, esta decisión aprobouse sen o coñecemento do consello de informativos, a quen non lle gustou nada esta medida.
O consello de informativos opónse á medida alegando que "abre a porta a unha posible censura previa ou a un control político dos contidos informativos da televisión pública". Algo que tamén se ven repetindo nos comentarios das redes sociais.
Ademáis o consello de informativos aproveitou para recordar que o consello de administación xestiona a corporación e asume a responsabilidade de servizo público das informacións, pero "non sobre a forma na que esa información é seleccionada, captada, corrixida e elaborada polos propios profesionais".
A medida aprobouse cos votos a favor dos conselleiros propostos polo PP e CiU, os votos en contra dos de UXT e EU e a abstención dos do PSOE e CCOO.
EDITADO 10:24: Comunicado do consello de informativos no que se opón á decisión do consello de administración de RTVE [PDF]
Vía: El economista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario