Na entrada anterior (Porta aberta á censura previa en TVE) comentabamos que o consello de administración de RTVE aprobou o acceso ao sistema informático de xestión que empregan nos medios informativos do Ente.
Agora botan para atrás a súa decisión alegando o "malestar e oposición" dos traballadores da Corporación RTVE e de "amplos sectores da opinión pública".
Alegan, ademáis que "non existía intención algunha de interferir no traballo dos traballadores", tal e como se pode ler na nova publicada por RTVE.es: El Consejo de Administración rectifica y no accederá a la edición de informativos de TVE.
Coa decisión do consello de administración, as redes sociais alporizáronse. O caso máis rechamante foi o de Twitter, onde, empregando os hashtags #RTVEdetodos e #defiendeRTVE (ambos chegaron a ser trending topics ou temas quentes), foron agrupándose tódalas críticas dos usuarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario