O diario El País está a publicar unha serie de vídeos sobre a situación dos medios de comunicación tradicionais e os cambios que sofre o seu entorno a raíz da (r)evolución que a tecnoloxía está a vivir nos últimos tempos.
Nestes vídeos, seis expertos en medios e internet analizan os cambios que afectan ao xornalismo. Podes ver o primeiro vídeo aquí.
Tipos e Bits
Neste blogue falaremos da crise do xornalismo, das novas vías para exercer a profesión, de ferramentas para mellorar o noso traballo, consellos sobre as novas tecnoloxías, do paso do xornalismo tradicional ao xornalismo web...
lunes, 30 de abril de 2012
martes, 3 de abril de 2012
Os traballadores queren mercar Público
Dende que pechou a edición en papel do diario Público e só quedou a web, Mediapro, a empresa propietaria do xornal, anda a buscar comprador para a cabeceira. E pode que cheguen a atopalo no sitio menos esperado: os propios traballadores.
A través de www.maspublico.org e de www.hacefalta.info os traballadores de Público están a crear cooperativas para ver de mercar a cabeceira para a que traballan. Os primeiros xa crearon unha campaña de cofinanciación en Verkami.
Via: Periodismo Real.

Etiquetas:
crise do xornalismo,
despidos,
modelo de negocio,
peches,
xornalismo web
lunes, 26 de marzo de 2012
Autocrítica no xornalismo
Se hai algo do que falamos moito neste blog é da crise do xornalismo e do seu futuro. Ambos temas van da man e resulta pouco menos que imposible falar dun e deixar de lado ao outro. Pero sempre se fala de dentro para fóra (a crise da publicidade, a influencia das novas tecnoloxías) ou pensando en abstracto (o modelo de negocio). Non hai unha reflexión real e profunda sobre as causas desta crise nin dun punto de partida cara ao futuro. Non hai autocrítica
E precisamente desto fala Jesús Martínez no seu blog: da ausencia dun pensamento crítico dentro do xornalismo que permita á profesión saír adiante e abrir novos camiños; do que supuxo o abuso de poder dos medios fronte á sociedade; da perda de facto da etiqueta de "cuarto poder"...
Recoméndovos ler o artigo completo, que leva por título Periodismo sin autocrítica, periodismo muerto. Pode ser un pouco amarelo, pero non deixa de ser certo.

lunes, 5 de marzo de 2012
Banda deseñada: Unha das razóns da crise do xornalismo
martes, 28 de febrero de 2012
Arredor de Público
O peche dun xornal é sempre un drama por todo o que implica. Dende as dimensións macrohumanas, coma a pluralidade informativa, ata as simplemente humanas, que moitas veces son máis importantes, como son os despidos masivos de profesionais (non só xornalistas). E sempre rematamos falando da necesidade dun xornalismo indepentedente e obxectivo.
Agora ben, "puede ser independiente un diario que pertenece a un grupo mastodóntico, con intereses en el mundo editorial, televisivo y cinematográfico, que arrastra deudas descomunales y depende tanto de bancos como de alternativas políticas?", pregúntase Javier Pérez de Albéniz no seu artigo Alrededor de Público.

jueves, 23 de febrero de 2012
El País, El Mundo e ABC compartirán plataforma de contidos
Aínda que sempre se dixo que a necesidade agudiza o inxenio, o certo é que non sempre é así. Ás veces o que pasa é que se forman parellas inimaxinables ou, incluso, tríos certamente inconcebibles. É o caso do último movemento das grandes empresas españolas de comunicación.
Dada a crise do xornalismo que levamos vivindo dende hai anos (e que fundamentalmente é unha crise de ingresos publicitarios), surxiron diferentes opcións para ver de conseguir que os lectores pagasen por ler os contidos na web. O habitual no estranxeiro é que cada un faga a guerra pola súa conta e que traten de impoñer unha barreira de pago propia.
Dada a crise do xornalismo que levamos vivindo dende hai anos (e que fundamentalmente é unha crise de ingresos publicitarios), surxiron diferentes opcións para ver de conseguir que os lectores pagasen por ler os contidos na web. O habitual no estranxeiro é que cada un faga a guerra pola súa conta e que traten de impoñer unha barreira de pago propia.
Etiquetas:
crise do xornalismo,
modelo de negocio,
xornalismo web
lunes, 20 de febrero de 2012
Sobre Diario de Galicia, o primeiro xornal galego da democracia
Houbo un tempo, antes de internet, no que en Galicia tivemos un xornal con vocación galeguista. A aventura durou menos de un ano pero deixou aberta unha porta que logo seguiron outros medios. A piques de cumplirse o 14º aniversario do seu lanzamento, Marcos Pérez Pena entrevista a Denís Fernández Méndez, autor dunha tese doutoral sobre "a xestión xornalística e económica" do Diario de Galicia.
Así comeza a nova:
Segue léndoa en Praza pública.
Así comeza a nova:
O primeiro número do Diario de Galicia apareceu o 12 de marzo de 1988, completando un proxecto que fora tomando forma ao longo da década dos oitenta e que nacía cos apoios do sector galeguista do PSOE e dalgunhas persoas próximas a Esquerda Galega. Nacía nun Vigo e nunha Galicia emerxente e en transformación, cun extraordinario equipo de profesionais e un deseño innovador, obra de Pepe Barro, seguindo o ronsel do USA Today e doutras cabeceiras na onda dos novos xornais postelevisivos. Chegou a vender nove mil exemplares diarios.
Segue léndoa en Praza pública.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)