O que é a nova xornalística do día ten un novo capítulo.
Despois do anuncio de que o consello de administración de RTVE votou a favor de ter acceso ao iNews (á ferramenta coa que se xestiona a información e o seu fluxo), chegou a rectificación na que, tras a chamada á orde feita dende os partidos, os conselleiros mudaron de idea. E, agora, a asamblea dos servizos informativos.
Nesta asamblea, pouco menos que improvisada, participaron os representantes sindicais e xornalistas de RTVE.
Primeiro gardáronse dous minutos de silencio en defensa da liberdade de información. A continuación falouse brevemente do que sucedeu onte á tarde e a participación dos xornalistas foi derivando cara a necesidade de solicitar a dimisión dos conselleiros que se abstiveron ou votaron a favor da polémica medida.
O asunto da dimisión saiu a colación case en cada turno de palabra e propúxose unha votación para converter o sentir xeral nunha solicitude formal. A votación, feita a man alzada, foi abrumadora e a asamblea decidiu pedir a dimisión aos conselleiros que permitiron chegar a esta situación.
Como dixo Óscar García en Twitter: "Los consejereos de #rtve no demuestran sabiduría con su rectificación, sino su enorme torpeza anterior y lo inútiles que son para ese cargo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario