lunes, 26 de septiembre de 2011

SEO para xornalistas

Sen entrar en moitos detalles, o SEO (Search Engine Optimization) oriéntase á optimización dos contidos para os motores de búsqueda. Esto causa unha batalla constante entre a xente de SEO e a redacción. No meu traballo vívoa tódolos días e penso que non conduce a ningún sitio.

Explícovos por que, pero primeiro imos ver cales son as escusas dos redactores para manter unha loita que, non só non lles beneficia, se non que lles perxudica a moi curto prazo (todas son reais, prométovolo):
  • O SEO coártanos á hora de escribir. Esta escusa parte da idea preconcebida de que o SEO impón un tipo de redacción mecánica centrada únicamente en repetir unha verba.
  • Escribir para buscadores é redundante. Parte do mesmo erro que o punto anterior, aínda que aquí os seos tamén teñen culpa por insistir sempre en aumentala densidade de palabras chave.
  • Escribir para buscadores é aburrido. Non é tal. Escribir para buscadores obriga a ter unha mente máis estruturada e a procurar sinónimos constantemente. Máis que aburrido, o que é é traballoso.

A realidade é que o SEO é do máis parecido que coñezo ao xornalismo que estudei na facultade. Podemos dicir que a redacción orientada a buscadores básase en tres puntos fundamentais:
  • As cinco W. En inglés: Who (quen), what (que), where (onde), why (por que) y how (como). De aquí sacamos tódalas palabras chave do texto que estamos escribindo.
  • A pirámide invertida. A información estrutúrase en forma de pirámide invertida: O máis importante, a base da información, “o gordo”, vai ao principio da noticia (o titular) e, conforme vaiamos avanzando no contenido, iremos baixando ao detalle.
  • Empregar sinónimos. É importante repetir as palabras chave. Para SEO e para o lector: temos que partir da base de que os lectores non van consumir ávidamente todo o que lean, poden distraerse, despistarse e perder parte do contido, é como colocar chantos nun camiño para indicar por onde estás pasando. Eso si, temos que evitar caer na repetición innecesaria recorrendo aos sinónimos.
Como podedes ver, estes tres puntos son fundamentais á hora de redactar unha nova así, onde está o problema en facerlle caso á xente de SEO? Non vos vai facer mal, máis ben todo o contrario.

Se queredes saber máis sobre este tema, non é mala idea empezar pola guía de SEO para principantes de Google, aínda que seguro que falamos máis veces del por aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario