Este tipo de xornalista é coma Número 5, o robot de Cortocircuito ("datos, datos, datos"), pero atópase co problema de plasmar eses datos nunha nova sen ter que recorrer a columnas de números ou a enfarragar o texto.
Agora ben, empregar a típica gráfica de barras, de tarta ou de liñas non debería contar como tal. Hai que buscar novas formas de plasmar a información.
Este é o camiño aberto por xente coma David McCandless ou Nathan Yau. O primeiro, levando con imaxinación e creatividade (recoméndovos Information is Beautiful e The Visual Miscellaneous, por inspiradores e porque son preciosos); o segundo, dende un punto de vista máis funcional.
O libro de Yau (Visualize This: The Flowing Data Guide to Design, Visualization, and Statistics -en inglés-), explica como tratar cos datos, que ferramentas empregar e trae todo tipo de recomendacións para facer representacións ao estilo das de McCandless.
O xornalismo de datos é un dos camiños abertos con máis futuro dentro da profesión e entronca coa filosofía do movemento Open Data e coa petición dunha Lei de Transparencia Informativa.
Lectura recomendada: El periodista y los números.
No hay comentarios:
Publicar un comentario