lunes, 3 de octubre de 2011

A crise da publicidade págase con xornalistas

Sei que o título pode resultar un pouco alarmante ou amarillista, pero é que co actual modelo de negocio, o motor do xornalismo é a publicidade. É por esto que, cando baixan os ingresos por publicidade, aumentan os despidos de xornalistas. É unha ecuación tan sinxela que doe.

Fotografía de Juan Antonio Flores Segal

No que va de ano, en España despedíronse máis de mil xornalistas, segundo datos da FAPE citados por Informador. E 4.135 dende novembro de 2008.

A causa, na que concordan tanto a FAPE coma os propios medios, é o descenso de ingresos por publicidade en tódolos medios excepto en Internet (aínda que non chega para sanealas contas dos grupos mediáticos). Segundo declaracións de Ignacio Benito, director general de la Asociación Española de Editores de Diarios (AEDE), "entre 2007 e 2010 a venda bruta de publicidade dos diarios reduciuse nun 42,9 por cento".

E, así, botan a xornalistas á rúa. O peche de Xornal.com (primeiro, a edición impresa, agora a web) e o de Don Balón, os ERE de Público e de PRISA... engrosan os datos. Como dicía Xosé Manuel Pereiro nunha entrevista ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia que "o dos medios de comunicación debe ser o único sector no que as empresas combaten a crise degradando o produto".

Comprería buscar alternativas tanto para obter máis ingresos como para recortar os custos. Penso que, a medio prazo, a perda de cualidade nos contidos suporá máis perdas económicas, o que agravará a crise da prensa.

En Cuarto Poder teñen unha nota informativa titulada "Septiembre negro para la prensa", no que recollen os ERE e os peches que afectaron a Público, La voz de Galicia, Xornal (e Xornal.com), A nosa terra e outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario