Aidan White foi presidente da Federación Internacional de Xornalistas e sabe moito de xornalismo. É é unha rara avis entre os xornalistas en tódolos aspectos.
Nunha entrevista que ven de publicar a revista Nuestro Tiempo, pertencente á Universidade de Navarra, no seu número de outubro, fai un repaso moi interesante á actualidade do xornalismo: dende as ameazas, abertas ou veladas que sofren os xornalistas, ata o modelo de negocio e a necesidade de cambios, sen deixar de lado as novas tecnoloxías.
O análise que é cada unha das súas respostas é claro e certero como poucos dos que levo lidos, aínda que non concordo con todas elas, pero ese é outro conto.
Pese a que o ton xeral tende ao apocalíptico, di que é "un bo momento para o xornalismo" e que é "moi optimista".
De todo o que di quero quedarme ca sú insistencia en que o xornalismo non corre perigo, porque a fin de contas o xornalismo consiste en contar historias.
Paga a pena facer unha lectura polo miúdo da entrevista. Podédela atopar aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario